Galicia terra nosa,
Que triste estou lonxe de ti.
Ai, la, la, la...
Galicia que bonitas
Son as túas festas,
Que mozas garridas
E namoradelas.
Queren como naide,
Son agarimosas,
Divino tesouro
Desa terra nosa.
Galicia terra querida,
Terra de labregos nobres.
Cada corredoira túa
Mil segredos ten de amores,
Que rías de marabilla
Que campiña tan bonita,
Teus encantos, túa nobleza,
Todo o mundo a ti che envidia.
Cando estou lonxe de ti
Terra meiga, terra enxebre,
Mil recordos me acompañan,
Pensando que hei de volvere,
Para ver a mi miña rula,
Para ver o meu querer.
E despois na miña terra
Quero vivir e morrere,
Quero morrere
Ai, la, la, la...