Ala na alta noite que todo e silêncio
Mentras todos dormen, mociños e vellos
Cando a branda chuvia caendo do ceo
No chan asomella camiñar de espectros
Cando tumba o trono e bruan on ventos
Polas taboas vellas xunto do meu leito
Pensando en teus ollos e teus roxos beizos
Eu non sei que sinto dentro do meu peito
Soio sei que entonces
Meus ollos despertos cobrense de baguas
Pensando que lexos
Muy lexos, ainda, me alcontro do ceo
Que lonxe mui lonxe o meu pensamento
Camiña buscando algo que non teño
Da luz morticeira co vago destelo
Nas brancas paredes refrexada vexo
Tua imaxen divina, imaxen que eo creio
Do anxel da guarda velando o meu leito
Mollado nas baguas que os ollos verteron
Un escapulario da mai do carmelo
Nas mans atopeime recordo pimeiro
Que do teu cariño conservo no peito
Sorrindo parece que a virxen do ceo
Miroume un istante
E o ver canto peno
Espera me dixo co seu douce acento
Espera mui lonxe repiteu un eco
I alo no camiño da cruña dereito
Seu dolce recordo gardeilo no seo
Sequei os meus ollos, calaron os ventos